lunes, 8 de diciembre de 2014

Virxilio Fernández Cañedo (Ourense 1925 - Ourense 2011)

Virxilio Fernández foi un importante pintor galego do século vinteun, que tras unha formación artística na súa cidade natal, baixo a dirección de Luis Xesta, en 1957 viaxó a París para continuar os seus estudos na  École National Supérieure des Beaux Arts. En 1960  regresó a Ourense e iniciou unha exitosa carrera de exposicións. Realizou a súa primeira exposición en 1954, en Ourense. En 1972 expuso na Sala Realle delle Caria Cariatidi de Milán, tres años despois na Majackonski Galerie de Berlín y en 1981, realizou tamén unha gran pintura-mural sobre madeira para o aeropuerto de Santiago de Compostela. Alemaña é o país no que Virxilio ha tenido máis éxito.
A súa pintura, de moita inspiración galaica e popular, adquiere un estilo personal, sencillo e firme de execución, brillante no planteamiento e con un cor chillón e plano, extendido en grandes campos e limitado polos grosos trazos da línea. 

Todo Virxilio, en Ourense
Virxilio, que viviu un momento crucial na súa etapa artística cando se trasladou a Italia en 1972, e tivo unha actividade moi importante en Alemaña, onde pasaba tempadas e centrou boa parte do seu mercado (chegou a vivir en Berlín), nunca deixou de pintar a paisaxe galega, en especial a ourensá, que é abordada desde a reflexión e desde a memoria. Virxilio traballou e exercitou o recordo antes de levalo ao lenzo, precisaba de ulir o campo, de respirar as paisaxes, para recrealas, logo, desde a cor e o pincel. 

Viviu na Galicia postindustrial, unha sociedade que percibe o tránsito do mundo rural ás urbes, que presencia como se baleiran os campos e crecen as cidades e como estas se ven inmersas nos novos procesos de urbanización», introducen os organizadores. Virxilio, intelectual e pintor cosmopolita, soubo recoller o silencio desa mudanza. Dende posturas propias do expresionsmo, apreixou a sociedade rural e mostrouna ao mundo asimilando a esencia da cultura popular para transformala en comprometida vangarda.