sábado, 17 de enero de 2015

Pinzelada galega

Imeldo Corral nace en Ferrol sete de xunio de 1889. Debido a súa  salud, que lle impide realizar calquera traballo que requera un esforzo físico decidiu dedicarse ao arte, pintura. Pódese dicir que neste campo encontrou a súa derradeira vocación da cal traballaria e viviría o resto da súa vida.

Ingresa na Escola de Artes e Oficios de Ferrol aos 18 anos. Trasladouse a Madrid e traballa como copista no Museo do Prado.
Celebrou súa primeira exposición en Madrid, en 1912 unha exposición colectiva de pintores galegos,  Os óleos son paisaxes da comarca ferrolá, con títulos  como "Mañan de neboeiro", "Una corredoira", "Rio de Sáa", "O Souto", ademais nesta exposición, presenta un autorretrato.

 Este e o seu famoso cadro "Mañan de neboeiro", a min personalmente transmitiume paz e trasladoume a unha mañá de verán  soleada, as cores son moi vivas e lle dan ao cadro moita luz o que personalmente gustoume.

 Imeldo foi membro numerario da Real Academia de Bellas Artes do Rosario, A Coruña, e membro de honor da Sociedade Artística Ferrolá. Morre o 8 de novembro de 1976 en Ferrol, cidade natal.

Fagámonos escoitar!

Comenzei a buscar grupos galegos dos nosos días, e entre moitos deles chamou a miña atención un peculiar grupo galego chamado "A Compañía do Ruído". O primeiro que chamou a miña atención foi o nome do grupo e a imaxe desenfadada e con un ton cómico que presentan , esta foi  a primeira imaxe que vin deles cando entrei no seu blog :

Pensares Galegos arte de la cubierta  
A Compañía do Ruído está formada por sete integrantes que dan unha mezcla de estilos moi orixinal. As súas letras teñen unha gran ironía, tamen inclúen mensaxes combativos con ritmos bailables e moi divertidos.
A súa discografia conta con cincos discos, o último e o que sale na imaxe anterior chamado "Pensares galegos". 
 Escoitei moitas das cancións de este disco e puiden ver o ton cómico e divertido das súas letras e cancións, nas que reivindica o estar orgulloso de ser galego e fala dos prexuizos sobre a lingua e os seus falantes de forma burlesca e con un ton irónico.

Actuación en directo do grupo galego

Na miña opinión gustoume a súa música xa que fala de galicia e dos galegos pero de forma divertida. Aquí os deixo o enlace do seu blog :

http://acompaniadoruido.bandcamp.com/