sábado, 11 de octubre de 2014

Querida Galicia

Boas, quero comezar esta publicación pedindo a Galicia perdón, porque detrás desta imaxe predeterminada que temos dela, encóntrase unha Galicia enferma e desprotexida, que día a día sofre agresións e que tarde o temprano estas non poderan ignorarse nin poderan ser ocultados polos políticos que tanto se están lucrando dela. Estou segura que cando chegue ese día, moitos se lamentarán e verán a triste realidade, a Galicia demacrada e abandonada polos seus propios fillos, os galegos e galegas.

Un exemplo que quero resaltar sobre o abandono de Galicia é o descoido das rúas e edificios das cidades galegas. A verdade, da moita pena ver a ignorancia dos políticos que nos gobernan que non saben aproveitar todos os recursos que nos ofrece Galicia, e as posibilidades que teñen as nosas cidades. Que en vez de gastar o diñeiro en mellorar un pouco as rúas e o estado do mobiliario urbano e edificios (que moitos están en ruinas), invierten o diñeiro en cousas moitas veces secundarias e innecesarias.

Aquí tedes unhas fotos que saquei da miña cidade, Ferrol, para ilustrar estes feitos.



 Esta imaxe foi sacada no Callao, en pleno centro da cidade. Se pode ver o contraste entre os edificios modernos e as ruinas do que fora outro edificio.



Estes son uns dos moitos edificios en ruinas que se encontran repartidos por toda a cidade, e son un claro exemplo do abandono. Esta foto e do barrio de esteiro, que é unha zona moi afectada por este fenómeno.





Benvidos a Galicia!

Benvidos ao meu blog queridos lectores! Antes de nada queria falaros un pouco do meu blog "Sempre Galiza", cuyo nome me foi inspirado do poema do escritor galego Castelao.
Neste blog pretendo ensinarvos a miña forma de ver galicia e daros a coñecer moitos aspectos dela que de seguro os sorprenderán.