sábado, 11 de octubre de 2014

Querida Galicia

Boas, quero comezar esta publicación pedindo a Galicia perdón, porque detrás desta imaxe predeterminada que temos dela, encóntrase unha Galicia enferma e desprotexida, que día a día sofre agresións e que tarde o temprano estas non poderan ignorarse nin poderan ser ocultados polos políticos que tanto se están lucrando dela. Estou segura que cando chegue ese día, moitos se lamentarán e verán a triste realidade, a Galicia demacrada e abandonada polos seus propios fillos, os galegos e galegas.

Un exemplo que quero resaltar sobre o abandono de Galicia é o descoido das rúas e edificios das cidades galegas. A verdade, da moita pena ver a ignorancia dos políticos que nos gobernan que non saben aproveitar todos os recursos que nos ofrece Galicia, e as posibilidades que teñen as nosas cidades. Que en vez de gastar o diñeiro en mellorar un pouco as rúas e o estado do mobiliario urbano e edificios (que moitos están en ruinas), invierten o diñeiro en cousas moitas veces secundarias e innecesarias.

Aquí tedes unhas fotos que saquei da miña cidade, Ferrol, para ilustrar estes feitos.



 Esta imaxe foi sacada no Callao, en pleno centro da cidade. Se pode ver o contraste entre os edificios modernos e as ruinas do que fora outro edificio.



Estes son uns dos moitos edificios en ruinas que se encontran repartidos por toda a cidade, e son un claro exemplo do abandono. Esta foto e do barrio de esteiro, que é unha zona moi afectada por este fenómeno.





No hay comentarios:

Publicar un comentario